alternatetext

2/10/08

Evidencia


Estamos en campaña. Se o dubidas, bota unha ollada aos titulares do mércores:

→ Touriño inaugura a ponte de Santos
Os presidentes de Galicia e Asturias, Emilio Pérez Touriño e Vicente Álvarez Areces, presidiron hoxe a posta en servizo do tramo Varres-Ribadeo, da Autovía do Cantábrico. O investimento neste tramo, de 4,6 quilómetros de lonxitude, superou os 43 millóns de euros, o que supón un custo de máis de 9 millóns por quilómetro construído.

→ Quintana recibe aos colectivos de anciáns
O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, nun encontro esta tarde con máis dun centenar de maiores, destacou que se converteron nos últimos tres anos de Goberno da Xunta no "centro do debate político", mentres que antes só eran tidos en conta "cando chegaban as eleccións", polo que considerou que os que critican os bailes "equivócanse", posto que "sempre é positivo" que este colectivo estea presente.

→ Feijóo organiza unha espantada no Parlamento
A práctica totalidade do Grupo Parlamentario Popular abandonou hoxe o hemiciclo durante o debate en pleno dunha iniciativa, despois de que o portavoz do BNG, Carlos Aymerich, lles dixese que teñen "un código xenético conservador e reaccionario" e que "veñen do franquismo".

→ Comeza a migración a América en busca de votos
O presidente da Deputación de Pontevedra, o popular Rafael Louzán, iniciará o vindeiro venres unha visita a Arxentina e Uruguai
O director do Departamento de Españois no Exterior do Partido Popular, Alfredo Prada, que se atopa de viaxe oficial en Buenos Aires, asegurou que o seu departamento, creado a proposta de Mariano Rajoy, ten como obxectivo atender as necesidades dos españois residentes no país para propor solucións. Explicou que a creación do departamento que el encabeza no PP é "unha sorte de homenaxe a quen por diversas razóns noutros tempos tiveron que abandonar España".

→ A Xunta vólvese reivindicativa
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, advertiu hoxe de que para o seu Goberno segue "vixente" o compromiso do Executivo central de pagar o anticipo pola débeda sanitaria e apelou á "lealdade" institucional para que o faga efectivo, fronte á intención anunciada polo Ministerio de Economía de non levar a cabo o pago no presente exercicio.

→ Volveu Paco Vázquez (aaaargh)
O embaixador de España no Vaticano e ex alcalde da Coruña, Paco Vázquez, considerou hoxe que a idea de "Estado como conxunto de federacións" que defendía Salvador de Madariaga serve para "terminar" co actual debate sobre o modelo estatal.

1 comentario:

Anónimo dijo...

fernando eres autentico, de verdade!!!