A sorte das eleccións xerais non está botada, como o PP tratou de facer ver hai un mes na súa convención de Sevilla. Nin moito menos. PSOE e PP demostraron no pasado que, aínda que non resulta doado, é posible dar a volta a enquisas tan tallantes como as que, a día de hoxe, revelan a aparentemente insalvable vantaxe da dereita, especialmente cando aínda falta máis dun ano para a celebración dos comicios.
De que depende? Non dende logo, do resultado das eleccións autonómicas e municipais de maio, como interesadamente trata de facer ver Mariano Rajoy (unha ollada ao histórico das eleccións en España é suficiente para desterrar esta idea, aínda que inevitablemente volveremos ver como a repiten políticos e xornalistas ao día seguinte do 22-M). Si, sobre todo, da evolución da situación económica, aínda que non só. Será clave coñecer como o PSOE xestiona a incerteza sobre o seu candidato á Presidencia e tamén omo se resolve o calendario xudicial do Partido Popular (especialmente na Comunidade Valenciana). A clave final: a (des)movilización da esquerda desencantada co PSOE cando visualice que Rajoy está a punto de volver ao Goberno e con el a dereita máis endurecida de Europa..
20/2/11
A sorte non está botada
Publicado por Fernando Varela a las 9:03 p. m.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
En xeral de acordo pero unha remontada como a que ten que facer o PSOE (segundo as enquisas) parece, polo menos, compricada de facer....
Publicar un comentario