alternatetext

14/3/11

Curso acelerado

Un curso acelerado sobre a transición española, prometeulles a ministra española de Exteriores, Trindad Jiménez. Un partido de fútbol da selección campeona do mundo, pedíronlle os mozos cairotas que protagonizaron a revolución exipcia. E non é de estrañar. Se Exipto segue o modelo español deberían aceptar, entre outras lindezas, un presidente vitalicio designado por Hosni Mubarak, unha lei de amnistía que perdoase todos os crimes cometidos polo seu sanguinario réxime, unha Constitución pactada cos ex ministros da ditadura e mesmo que os homes e as mulleres asasinadas polos seus sicarios teñan que permanecer enterrados en foxas comúns en nome da reconciliación. Non me sorprende que prefiran o fútbol.
Ten moita razón Alfonso Guerra cando afirma que a española é unha "democracia incompleta". Mellor fariamos en non nos pasear por aí presumindo de modelo.

.

Continuar Leyendo...

20/2/11

A sorte non está botada

A sorte das eleccións xerais non está botada, como o PP tratou de facer ver hai un mes na súa convención de Sevilla. Nin moito menos. PSOE e PP demostraron no pasado que, aínda que non resulta doado, é posible dar a volta a enquisas tan tallantes como as que, a día de hoxe, revelan a aparentemente insalvable vantaxe da dereita, especialmente cando aínda falta máis dun ano para a celebración dos comicios.
De que depende? Non dende logo, do resultado das eleccións autonómicas e municipais de maio, como interesadamente trata de facer ver Mariano Rajoy (unha ollada ao histórico das eleccións en España é suficiente para desterrar esta idea, aínda que inevitablemente volveremos ver como a repiten políticos e xornalistas ao día seguinte do 22-M). Si, sobre todo, da evolución da situación económica, aínda que non só. Será clave coñecer como o PSOE xestiona a incerteza sobre o seu candidato á Presidencia e tamén omo se resolve o calendario xudicial do Partido Popular (especialmente na Comunidade Valenciana). A clave final: a (des)movilización da esquerda desencantada co PSOE cando visualice que Rajoy está a punto de volver ao Goberno e con el a dereita máis endurecida de Europa.
.

Continuar Leyendo...