alternatetext

14/3/11

Curso acelerado

Un curso acelerado sobre a transición española, prometeulles a ministra española de Exteriores, Trindad Jiménez. Un partido de fútbol da selección campeona do mundo, pedíronlle os mozos cairotas que protagonizaron a revolución exipcia. E non é de estrañar. Se Exipto segue o modelo español deberían aceptar, entre outras lindezas, un presidente vitalicio designado por Hosni Mubarak, unha lei de amnistía que perdoase todos os crimes cometidos polo seu sanguinario réxime, unha Constitución pactada cos ex ministros da ditadura e mesmo que os homes e as mulleres asasinadas polos seus sicarios teñan que permanecer enterrados en foxas comúns en nome da reconciliación. Non me sorprende que prefiran o fútbol.
Ten moita razón Alfonso Guerra cando afirma que a española é unha "democracia incompleta". Mellor fariamos en non nos pasear por aí presumindo de modelo.

.

No hay comentarios: