alternatetext

26/2/07

Agudeza mental


Exercicio de agudeza mental: En que país do mundo un alto cargo dun Goberno é quen de seguir no seu cargo despois de ter insultado e ameazado a funcionarios da súa administración e a axentes de policía que prestan servicio onde el traballa? Se saben a resposta, pode que saiban tamén decirme de que materia está feita a responsabilidade dos seus superiores, que miran para outro lado como se asunto non fora con eles.

Se non o entenden, levémolo ó terreo da política comparada. Imaxinemos ó número dous da vicepresidenta María Teresa Fernández de la Vega acusado de insultos e ameazas polo policías da Moncloa. Canto duraría no seu posto? Ou, o que e aínda máis revelador, canto tempo tardarían PSOE e BNG en pedir a dimisión dun secretario xeral do Gobierno de Manuel Fraga se tivera protagonizado semellante espectáculo?
Se xa teñen resposta para estas preguntas, xa saben ata onde chega o compromiso dalgúns coa tan traída e levada rexeneración democrática de Galicia.

No hay comentarios: