alternatetext

17/2/07

Debate e blogosfera


"A medida que unha discusión online en galego sobre calquera tema avanza, a probabilidade de que se mencione o reintegracionismo/isolacionismo achégase a 1". A primera Lei de Berto non pode describir mellor unha das eivas máis habituais do blogomillo. Se na blogosfera española os debates sobre calquera cousa acaban xirando inevitablemente en torno a peóns negros e furgonetas brancas, en Galicia é o idioma empregado o que termina por condicionar os argumentos e discurso mesmo de cada quen. (a imaxe está tomada do blog de Berto)

Poderíase falar incluso dunha nova lei: "A probabilidade de que unha discusión online en Galicia sobre calquera tema acabe xirando en torno á identidade lingüística de cada quen e, por conseguinte, debata a ideoloxía política dos autor do blog, é directamente proporcional á súa duración". A min lémbrame a certas persoas capaces de ler determinados xornais só porque están escritos nun idioma, sen ter en consideración a credibilidade dos seus contidos. Esta forma de proceder equivale, nunha analoxía doméstica, a preferir un yogur caducado pero etiquetado en galego a outro rotulado en castelán pero todavía apto para o consumo. Así nos vai...

No hay comentarios: